Anuncio

Colapsar
No hay anuncio todavía.

Avante LGTBI denuncia unha agresion homófoba acontecida esta madrugada na Coruña

Colapsar
X
 
  • Filtrar
  • Tiempo
  • Mostrar
Limpiar Todo
nuevos mensajes

  • Avante LGTBI denuncia unha agresion homófoba acontecida esta madrugada na Coruña

    nos mesmas.jpg

    O mozo de 25 anos atópase hospitalizado

    “Dende Avante LGBT denunciamos a terrible agresión homófoba acontecida esta madrugada na cidade da Coruña e desexámoslle unha pronta recuperación á vítima á cal lle ofrecemos o noso apoio como organización”, sostén nun comunicado o colectivo Avante LGBT ante unha agresión homófoba da que daba conta esta mañá La Voz de Galicia. O mozo agredido, e 25 anos, permanece hospitalizado tras recibir varias coiteladas esta madrugada.

    Dende Avante LGBT tamén denuncian que “mentres que a sociedade camiña pouco a pouco cara a normalización e inclusión do colectivo LGBT segue a haber grandes dificultades en moitos eidos. A día de hoxe os espazos de ocio nocturno seguen a excluír ás persoas do noso colectivo que, saíndo dos escasos espazos seguros que conseguimos construír, vemos que en calquera momento podemos ser vítimas dunha agresión. Nos espazos de ocio cisheterosexuais vémonos obrigadas a disimular a nosa pluma, a non ir da man coa nosa parella, a mirar ao chan, todo para evitar que nos aconteza o que sufriu un mozo esta noite, ou as miles de agresións que ocorren todas as noites e que non chegan a aparecer nos xornais. Por isto debemos seguir loitando, por isto debemos saír á rúa nas mobilizacións que hai convocadas en todo o país con motivo do 28 de xuño a berrar que xa chegou, que os nosos dereitos deben ser respectados e non toleraremos máis discriminación e violencia“.

    Fonte: https://nostelevision.gal/o-colectivo-lgtbi-denuncia-unha-agresion-homofoba-acontecida-esta-madrugada-na-coruna/?fbclid=IwAR2RwFPbetwq9F3kNQZ1GHx7JtTk25pfP5jxil4Z HVTi6rM0KHB57fT6M28
Trabajando...
X