Anuncio

Colapsar
No hay anuncio todavía.

Laura Bugallo, sindicalista: “Os ‘trans’ temos que romper con todo e reconstruírnos”

Colapsar
X
 
  • Filtrar
  • Tiempo
  • Mostrar
Limpiar Todo
nuevos mensajes

  • Laura Bugallo, sindicalista: “Os ‘trans’ temos que romper con todo e reconstruírnos”

    Entrevista - Mulleres do século XXI

    Laura Bugallo, sindicalista: “Os ‘trans’ temos que romper con todo e reconstruírnos”

    Non a todas as persoas lles vén asignado de nacemento o seu xénero. Laura Bugallo pertence ao colectivo de mulleres que tivo que conquistalo. A súa foi a primeira sentenza xudicial de cambio de sexo en Galicia. Un itinerario difícil no que a discriminación feminina abrolla dun xeito aínda máis rotundo

    MANUEL DARRIBA/AGN



    Laura Bugallo, no seu lugar de traballo en Compostela
    FOTO: TransmediaPolitóloga, nada en Compostela hai 42 anos, Laura Bugallo traballa na CIG desde hai 13. É a encargada da oficina de Inmigración.

    ¿Cando te decataches de que eras unha muller?
    A unha idade moi temperá. Non sabería dicirche… Hai relatos na familia, de cando aínda era unha nena.

    A sensación que describen os que queren reasignar o seu sexo é de estar atrapados nun corpo alleo.
    Esa experiencia, cambiando as palabras, está como sentimento en todas as persoas que coñezo. Sobre todo, en canto que o corpo representa un mundo de relacións sociais.

    ¿En que momento asumes que o teu sexo é un problema que tes que resolver?
    Tiña xa unha idade media, 30 anos. Claro, os cambios son máis difíciles. Tes moitas relacións sociais, o teu mundo está feito a nivel laboral, remataches a parte académica… E unha muller trans pode ter maiores complicacións. No mundo laboral, a reacción pode ser un despedimento. Improcedente, pero, fin e ao cabo, un despedimento. O que sucedía moito, antes máis que agora, é que as mulleres trans acababan na prostitución nunha alta porcentaxe.

    E hai 13 anos as cousas non eran tan doadas.
    Claro, non había tanta información. Ademais, nos medios de comunicación, na televisión sobre todo, dábase unha imaxe esperpéntica dos trans. A min lembrábame un circo romano onde se exhibían as bestas. E así nos trataban, como a bestas. Coma persoas con algunha tara mental, con todo o respecto para as persoas que poidan ter algunha enfermidade de carácter psiquiátrico.

    Parece mentira, ¿non? Falas dos anos 80.
    Claro, pero hai que pensar que ata os anos 70 isto que se chama disforia de xénero, que así aparecía no Libro Branco de Psiquiatría, era unha enfermidade pola que as persoas debían ser ingresadas en centros psiquiátricos. Todo é moi recente. O PSOE de Felipe González non foi suficientemente valente. Houbo unha lei de sanidade de Ángeles Amador na que figuraba que a atención á transexualidade só se daría nos casos nos que se diagnosticaba hermafroditismo conxénito. Isto pódese dar, pero en todo caso xa é bastante duro todo este proceso como para que, por riba, teñas que facer un mapa cromosómico.

    Ademais pensábase que o problema era moito máis minoritario do que en realidade é.
    Naquel momento establecíase unha ratio de 1 persoa cada 30.000. Dá igual, as estatísticas nunca son totalmente certas. Non é algo tan frecuente, pero cada vez son máis os que van saíndo do armario. As persoas gays e lésbicas comentan que a nosa saída do armario é radical. A fin e ao cabo, tamén con todo cariño para esas persoas, eles non teñen que romper con todo. Nós si que temos que facelo, para reconstruírnos de volta.

    ¿O feito de estar en Galicia significou unha dificultade engadida para ti?
    Non, non. Contrariamente ao estereotipo de que este pode ser un sitio conservador, é todo o contrario. No mundo de Compostela, o meu proceso foi positivo e levadeiro. Con pequenos encontros, ás veces con algo de violencia verbal ou física. Pero cando sabes que tes que ir por un determinado camiño, tes unha forza inusitada.. Sabes que vas chegar. E chegas. Os procesos son máis difíciles cando se dan en realidades máis hostís. Por exemplo, no mundo rural. Non polas persoas do medio rural, senón porque a posibilidade de información alí é máis limitada.

    Ti fuches a primeira galega ‘trans’.
    A nivel de sentenza xudicial, si. A miña sentenza foi a primeira en Galicia, pero xa había outros casos noutras partes do Estado. Se fixeramos unha pescuda na xurisprudencia española atopamos un caso semellante en 1957, o que pasa é que non se falaba nestes termos. Pasou desapercibido. Coa nova lei, a Lei de identidade de xénero, xa non haberá necesidade de sentenzas xudiciais.

    ¿Tedes moitas esperanzas postas nesa norma?
    Sempre que hai unha lei haberá persoas que queden fóra, pero en xeral é algo que vai axudar, como axudaron outras leis de minorías –ou de maiorías silenciosas–, caso da do matrimonio homosexual. ¿Que pasa? Que eu sei de casos de mulleres trans inmigrantes que non van entrar nesta lei, e van ter que seguir vivindo cun documento de estranxería que non representa a persoa que eu teño diante. A lei é un avance, pero non podemos dicir que estea todo feito.

    ¿Como foi de complexo o teu proceso civil de cambio de identidade?
    Antes había que ir a un xuízo contra a Dirección Xeral de Rexistros e Notariado, facer unha serie de peritaxes… Era un proceso que levaba seis meses, o que pasa é que tiñas que ter moita voracidade en conseguir todas as probas que che esixían. Iso agora non va ser así, vai haber unha peritaxe, pero a nivel físico, para comprobar que a persoa que di chamarse María ten unha aparencia morfolóxica de muller.

    Alén dos papeis está todo o contorno laboral, afectivo, familiar…
    Todo iso muda, si. Pero decátaste de que as persoas que te queren van seguir queréndote. E, sobre todo, queda patente que as mulleres trans poñemos enriba da mesa a discriminación que existe na nosa sociedade cara ás mulleres. Hai persoas que teñen unha profesión de arquitectura ou enxeñería, antes os proxectos valían porque eran eles e agora que son elas, o concepto de "igual traballo, igual salario" non se cumpre. Así que o traballo sindical é moi importante no tema da transexualidade.

    É dicir, que se a muller está discriminada laboralmente, a muller transexual estao aínda máis.
    A escritora e feminista María Xosé Queizán falaba de como conscientemente pasas dun vagón onde podías exercer o poder, polo feito de ser home, a un segundo vagón. Nalgúns casos non pasas a un segundo vagón, pasas ao vagón de cola. Non se trata tanto de respecto como de xustiza. É xusto que cada persoa poida existir, e as persoas trans reclamamos existir como tales.

    ¿Hai máis discriminación cara á muller ‘trans’ que cara ao home ‘trans’?
    Iso dáse porque, en xeral, a medicación da terapia de substitución hormonal dos homes trans é moito máis rápida. As hormonas masculinas actúan moito máis rapidamente cás femininas. Os homes trans, en xeral, soportan moitas menos agresións.

    ¿A transformación cirúrxica é importante para un ‘trans’?
    Non. A transformación cirúrxica dáse nalgúns casos e noutros non. Pensemos que non hai só dous conceptos, o de muller e o de home, senón todo un continuum entre ambos. Hai moitas maneiras de ser muller e moitas maneiras de ser home. Isto vén dentro da teoría queer, os chamados por Judy Butler "fodedores de xénero", os que xogan a deconstruír eses construtos que son os xéneros.

    De todos os xeitos, para o voso colectivo é un problema que a Seguridade Social só financie operacións de cambio de sexo en Málaga.
    Á volta do verán farase en Galicia unha nova proposta. Aínda que aquí non temos quizais todas as posibilidades, si que se trata de abrir o debate. O gasto económico sería moi baixo. Non se trata de instalar un novo quirófano, senón de reempregar os que xa existen. Ademais hai médicos e enfermeiras que están preparados e que ofrecen todas as garantías de facelo ben.
Trabajando...
X