Anuncio

Colapsar
No hay anuncio todavía.

Goretti: "Santiago é cidade de referencia para o colectivo LGBTI+, un espazo seguro"

Colapsar
X
 
  • Filtrar
  • Tiempo
  • Mostrar
Limpiar Todo
nuevos mensajes

  • Goretti: "Santiago é cidade de referencia para o colectivo LGBTI+, un espazo seguro"


    compostela1.jpg
    A alcaldesa da capital galega, Goretti Sanmartín, foi a encargada de abrir e pechar o acto

    As concelleiras dos diferentes grupos municipais, Mercedes Rosón, Míriam Louzao, María Baleato e María Rozas, foron as encargadas de ler o manifesto

    Alumnado do IES do Sar tamén participou no acto para celebrar o Día Internacional do Orgullo LGTBI+

    A praza do Obradoiro acolleu esta mañá o acto central de celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBI+, no que se deu lectura a un manifesto por parte das concelleiras dos diferentes grupos municipais: Mercedes Rosón (PSdG PSOE), Míriam Louzao (BNG), María Baleato (PP) e María Rozas (Compostela Aberta). A alcaldesa da capital galega, Goretti Sanmartín, foi a encargada de abrir e pechar o acto, que tamén contou coa participación dun grupo de alumnos e alumnas do IES do Sar.

    Desta forma, a rexedora reiterou o compromiso institucional "coa dignidade de todas as persoas que conforman o colectivo LGBTI" e con "acadar a sociedade tolerante, xusta e inclusiva que todas soñamos". Goretti Sanmartín tamén fixo unha mención especial "a todas as persoas que abriron camiño na loita pola visibilización e dignificación do colectivo, as pioneiras que comezaron a escribir o relato en clave diversa nesta cidade, as que plantaron a semente para que hoxe poidamos falar de identidade de xénero desde as perspectivas social, política e humana".

    rala súa intervención, parte do alumnado do IES do Sar leu fragmentos das súas creacións, realizadas no marco do proxecto educativo Di-versos, con implicación activa de toda a comunidade educativa a través da Comisión de Igualdade do propio Centro.

    Despois chegou a quenda das concelleiras dos diferentes grupos municipais que leron o manifesto polo Día Internacional do Orgullo LGBTI+, data que conmemora a revolta de Stonwall que se produciu en Nova York en 1969, considerada como o nacemento do movemento LGBTI moderno.

    En dito manifesto recordouse que "no ano 2023 estamos vendo como no mesmo país en que se orixinaron as revoltas volven ser aprobadas leis que regulan o tipo de roupa que pode vestir unha persoa, baixo ameaza de multa ou de cárcere. Se está ocorrendo alí, unha vez máis, pode ocorrer aquí se non actuamos", xa que "períodos de avance social, melloras en liberdades e relaxación nas normas de xénero e sexuais poden verse sucedidos por períodos regresivos en que o control dos corpos e as vidas das persoas LGBTI+ é máis restritivo e violento. Isto é o que estamos a observar na actualidade."

    Sen embargo "non é o momento de perder a esperanza. O groso da sociedade é cada día máis igualitario e solidario. O que estamos a ver é unha polarización na opinión pública: por unha banda cada vez se visibilizan máis persoas LGBTI+ e aliadas, cada vez con máis presenza nos medios, na cultura, ou na política; e por outra quen ve reacciona cada vez con maior violencia".

    Durante a lectura do manifesto fíxose un chamamento a "tomar partido, de que toda a cidadanía dea un paso á fronte e defenda os ideais de igualdade e diversidade que caracterizan a nosa Compostela".

    Reiterouse o compromiso desde o Concello "de dar exemplo, de amosármonos como unha barreira unánime contra o odio", e continuar a traballar "na defensa dos dereitos do colectivo LGBTI+ durante todo o ano, non só no mes de xuño. Queremos seguir construíndo a Compostela diversa e que isto volva facerse de xeito acompañado e participado por todo o tecido social e asociativo do noso municipio".

    As concelleiras que deron lectura ao manifesto, comprometéronse no nome da Corporación municipal a "poñer a funcionar o centro LGBTI+", desenvolver "o protocolo contra as violencias machistas e LGBTIfóbicas no lecer nocturno que xa está en fase de elaboración", "promover unha programación cultural queer aberta á totalidade da veciñanza", "apoiar o movemento asociativo" que contribúa a "avanzar cara a unha cidade máis inclusiva, xusta e igualitaria", "garantir un acceso igualitario de todas as persoas, independentemente da súa identidade de xénero e da súa orientación sexual aos servizos públicos municipais", así como converter "a defensa dos dereitos LGBTI+" nun "marco transversal da acción municipal, traballando de maneira sinérxica entre todas as áreas".

    Fonte: https://www.elcorreogallego.es/santi...-89231422.html
Trabajando...
X